viernes, 24 de abril de 2020

BENVIDA O 3º TRIMESTRE


¡benvid@s ao 3º trimestre!!


Bo día familias de infantil do Ceip de Portonovo!! ¿Qué tal vai este tempo na casa? Esperamos que todos estedes xenial ..e que pronto nos volvamos a ver…pero mentres…imos a intentar entreter a estes pequenos/as oa mesmo tempo que aprenden,  para facerlles  estes días máis amenos.


Dende o equipo de Infantil,  imos ir colgando todos os LUNS uns RETOS/ACTIVIDADES sinxelas  para realizar durante os 7 días restantes da semana, ata o luns seguinte  como máximo que xa haberá un novo reto.
Cada luns, tamén se irán poñendo as solución ao reto anterior.
Estas actividades/retos:
ü  Son para reforzar contidos , entrar nunha rutina,  divertir  e motivar aos  nen@s e familias, son voluntarias.
ü  Se alguna familia debido as condicións e rutinas familiares  non as pode facer , non pasa nada.
ü  A maneira en que mandaredes o resultado do reto/actividade, sexa foto do debuxo, da actividade, etc …será especificado en cada reto.
ü  Os resultados da realización das actividades (foto,  etc..) mandádeos con nome, aos correos dos titores/as , ou a través de outro medio de comunicación que teñades con eles.  Publicarémolos logo para compartilos na web e blogs de aula. (Está parte e importante para os nen@s xa que así o seu traballo veo a/o profe e os compañeiros e ten máis sentido e motivación).
ü  Calquer dúbida pregúntadelle ao titor/a.




- ACTIVIDADES DE REFORZO

ESTAS ACTIVIDADES PODEN SER AS QUE PUXEMOS ANTERIORMENTE NAS QUE OS NENOS FOMENTEN SOBRETODO A SÚA AUTONOMÍA E O TRABALLO DAS RUTINAS DIARIAS ( TAMÉN SON OPTATIVAS E COMO COMPLEMENTO POR SE QUEREDES TRABALLAR MÁIS):

ü  RUTINAS DE COIDADO PERSOAL: hixiene e hábitos de control de esfínteres ( vestirse, lavarse, ir o servizo, recoller habitación, espirse, lavar dentes,…)

ü  RUTINAS DE AXUDA E COOPERACIÓN EN TAREFAS: axudar coa limpeza, a cociñar, a recoller, a dobrar ropa,…

ü  Facer DEPORTE E IOGA ( moi importantes para relaxarse e soltar enerxía)


ü  ACTIVIDADES EN RELACIÓN O CORPO QUE ESTABAMOS TRABALLANDO A TRAVÉS DE XOGOS ONLINE OU OUTROS CONCEPTOS XA TRABALLADOS DE LÓXICA:









ü  ENLACES INTERESANTES ( para momentos de aburrimento):


Moitas grazas pola vosa colaboración, seguimos en contato;

                                                        O EQUIPO DE INFANTIL 



No hay comentarios:

Publicar un comentario