viernes, 24 de mayo de 2019

Proxecto o Camiño de Santiago


Estes días rematamos o proxecto do Camiño de Santiago có que aprendimos moitas cousas de interese de lugares cercanos a nosa vila como Vigo, Pontevedra ou Santiago.




A través de 7 etapas recorremos o Camiño Portugués da Costa realizando actividades moi interesantes como as seguintes:

- Dialogamos sobre as  ideas previas que tiñamos do Camiño





-Enchemos a mochila dos Peregrino











-Construímos o recanto sobre o camiño cós materiais aportados polas familias








- Confeccionamos o mapa das diferentes rutas do camiño








-Construímos un faro como o de Cabo Silleiro de camiño por Oia.









-Elaboramos un libro sobre Colón e o Descubrimento de  Ámérica cando visitamos Baiona.








-Realizamos un experimento sobre a Formación das duna no noso paso por Nigrán camiño de Vigo.










-Construímos a Ponte de Rande con palillos no noso paso por Redondela











- Elaboramos unha rica torta de Santiago xa que estabamos por Caldas de Reis e comezaban a flaquear as forzas dos camiñantes.














- Realizamos un marcapáxinas de Rosalía de Castro no noso paso por a vila de Padón








- Selamos a Credencial de Peregrino cando chegamos ao final de cada etapa








-En Santiago realizamos un mural sobre a Catedral e as súas prazas.










Agora solo falta realizar un simulacro de Camiñata pola ruta do Camiño espiritual  Portugués na ruta da Auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario